STO | SANTIAGO TURISMO ORDENADO


Repensando a relación entre o turismo e a cidade

Xornada de debate e participación

A Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo convoca esta xornada como punto de inicio para a revisión do Plan Estratéxico de Turismo 2009-2015, sentando as bases para unha actualización do mesmo, sostible, consensuada e acorde ás necesidades da poboación, do empresariado local e dos turistas.


A participación é imprescindible para diagnosticar os problemas e oportunidades da actividade turística na cidade. Na xornada participan expertos, persoas representantes do sector turístico (aloxamentos turísticos, restauración, transporte, organización de eventos, intermediación turística, comunicadores, planificadores,…) pero tamén da veciñanza, doutros sectores económicos, da administración nas súas diversas escalas, e da Catedral. A participación non se limita só ás mesas, senón que se fomentará antes, durante, e despois da xornada STO.


29 de setembro de 2016

De 9:30 a 13:30 h.

Centro de Interpretación de Parques e Xardíns,
Parque de Belvís

imaxelugarcelebracion

Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Turismo de Santiago de Compostela
Rúa do Vilar, 63 / t 981 555 129

 

Programa

 

09:30 | 10:00 h

Benvida e presentación

Martiño Noriega, Alcalde de Santiago de Compostela


MESA 1

10:00 | 11:00 h

Turismo e sostibilidade

A capacidade de carga física dos destinos turísticos.

Os/as turistas buscan unha calidade da experiencia, que se traduce en coidar da autenticidade dos recursos, da seguridade, e calidade da visita, dentro dunha capacidade de carga, que marca a propia configuración física do lugar, no noso caso condicionado por un valor patrimonial excepcional.


10:00 | 10:05 h

Presentación

Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo


10:05 | 10:25 h

Intervención de

Joan Torrella, Director de Turisme i Esdeveniment, Ajuntament de Barcelona


10:25 | 10:35 h

Intervención de

Representante da hostalaría local


10:35 | 10:50 h

Quenda de preguntas e debates


10:50 | 11:00 h

Pausa


MESA 2

11:00 | 12:00 h

A cidade punto de encontro

Os territorios urbanos como espazo de relación.

As cidades son hoxe puntos de encontro e relación, fomentan intercambios e sociabilidade, turismo cultural, de reunións e eventos, e Santiago suma a esa aptitude a condición de final do camiño, e acollida do peregrino


11:00 | 11:05 h

Presentación

Flavia Ramil, xerente de Turismo de Santiago


11:05 | 11:25 h

Intervención de

Violeta Matas, Responsable Área de Turismo da FEMP


11:25 | 11:35 h

Intervención de

Representante do sector MICE


11:35 | 11:50 h

Quenda de preguntas e debates


10:50 | 11:00 h

Pausa


MESA 3

12:00 | 13:00 h

Cidadáns e turistas

Capacidade de acollida da cidadanía nos destinos turísticos.

A cidadanía ten unha capacidade de acollida que depende de factores físicos, ambientais, pero tamén sociais e culturais, dos beneficios que reporta, e do equilibrio percibido de perdas e ganancias, creación e distribución da riqueza que xera.


12:00 | 12:05 h

Presentación

Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade


12:05 | 12:25 h

Intervención de

Jordi Ficapal, Director do Observatorio de Turismo Responsable de la Facultad de Turismo y Dirección Hotelera Sant Ignasi (ESADE, URL)


12:25 | 12:35 h

Intervención de

Representante da veciñanza / comercio local


12:35 | 12:50 h

Quenda de preguntas e debates


12:50 | 13:00 h

Pausa

 

13:00 | 13:30 h

Debate, conclusión e clausura

Participación das persoas asistentes,

Clausura: Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo

Relatores

Joan Torrella

Director de Turismo e Eventos da Área Economía, Empresa e Ocupación do Ajuntament de Barcelona, exercendo diferentes responsabilidades de impulso e coordinación das Políticas de Turismo e Cidade e velando pola integración das accións de promoción turística coas restantes iniciativas promovidas desde o ámbito local.

Curriculum [PDF, 33k]

Resumo da intervención
[PDF, 36k]

Violeta Matas González

Responsable de Turismo en Spain Convention Bureau e Vilas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias. Experta en xestión de destinos turísticos, marketing, investigación de mercados, promoción e innovación, ocupou entre outros postos, o cargo de Responsable de Promoción Turística de Madrid.

Curriculum [PDF, 37k]

Resumo da intervención
[PDF, 32k]

Jordi Ficapal i Mestres

Director do Observatorio de Turismo Responsable na Facultad de Turismo y Dirección Hotelera Sant Ignasi (Universitat Ramon Llull), na que desempeñou responsabilidades de Director académico e investigador principal do Grupo GRETHOS. Actualmente é o Presidente do Consell Català de F. P. da Generalitat de Catalunya.

Curriculum [PDF, 37k]

Resumo da intervención
[PDF, 32k]

Participación

A participación non se limita só ás mesas, senón que se fomentará
antes, durante, e despois da Xornada STO.

Antes

Convite ás persoas asistentes e petición de que acheguen as súas inquedanzas ou cuestións por vía telefónica ou correo electrónico, de cara a garantir que todos os aspectos que preocupan á cidadanía sexan abordados durante a sesión.

Durante

Participación de tres expertos/as na xestión de retos que están presentes na dinámica turística da cidade, como son: a sostibilidade, o papel das cidades como punto de encontro e a relación da cidadanía coa actividade turística. Para a selección dos poñentes pártese dunha reflexión previa tendente a incorporar a perspectiva exterior no proceso de diagnóstico e facilitar o estudo de casos.

Despois

Lanzamento desta páxina web santiagoturismoordenado.gal. Nela compartirase a análise dalgunhas variables turísticas, tamén presentadas durante a mesa de debate.

Participa: Achega as túas opinións sto@santiagoturismoordenado.gal

Documentos

A demanda turística en 2015

Estudo da caracterización da demanda turística de Santiago de Compostela.

Ver PDF (1Mb)

Presentación de Joan Torrella

Documento PDF da presentación visual empregada na súa intervención.

Ver PDF (1,1Mb)

La nueva agencia para el turismo en el siglo XXI

Artigo de Jordi Ficapal

Ver PDF (8Mb)

Conclusións da Xornada STO

Conclusións recollidas na xornada participativa do 29 de setembro de 2016.

Ver PDF (0.2Mb)

 
 

Crónica visual. A xornada en imaxes